Contido:
Programa galego. É o decano dos programas da nosa terra en Catalunya, o máis antigo que se emite sen interrupcións. Leva en antena dende 1981 en Ràdio Mollet, no 96.3 da FM. O programa está vinculado á Irmandade a Nosa Galicia de Mollet e condúceo Isabel Ares. Colabora con ela o artista Masito Beiró, que conecta desde Padrón para informar das novas da semana. Realizan cursos de galego pola radio.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X.L: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago, 1995. pp. 80.
SIXIEREI PAREDES, Carlos, CAMPOS ÁLVAREZ, Xosé Ramón e Enrique Fernández Martínez: «Asociacionismo galego en España», en Asociacionismo Galego no Exterior, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2001, p. 414.