[Emisións de R. Chao desde Francia]

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Emisora:
Lugar:
París
País:
Francia
Inicio:
1965
Fin:
1969
Idioma:
galego
Contido:
Contidos galegos no programa promovidos por Ramón Chao. En 1960 ingresa na radio francesa como comentarista musical e posteriormente dirixe as emisións en galego de Radio París, até que o goberno español logra, despois de diversas xestións, que o goberno francés suprima as emisións nas tres linguas daquela non oficiais (catalán, éuscaro e galego). En 1968 é nomeado director do Servizo de Linguas Ibéricas (programas gravados) do Oficio de Radio-Televisión de Francia (Radio Francia hoxe).
Referencias bibliográficas:
https://ramonchao.wordpress.com/about/ (Consulta 13-4-2015)
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995. p. 70.