Radiodifusión galega na emigración

----

A hora de Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
México, D. F.
País:
México
Inicio:
1952
Fin:
1968
Editor/a
Roxelio Rodríguez de Bretaña;
Presentación
Carlos Velo; Luís Soto Fernández; Roxelio Rodríguez de Bretaña;
Periodicidade:
semanal (domingos)
Idioma:
galego
Extensión:
60 minutos (10:00-11:00 horas)
Contido:
Programa galego promovido por Elixio Rodríguez e Roxelio Rodríguez de Bretaña. A emisora pola que se transmitía o programa era propiedade do ourensán Ramón Ferreiro. Contou con colaboradores como Adolfo Vázquez, Humasqué, Juan López Durá, Hilario Caloro, Francisco Comesaña, Luísa Viqueira, Carme Varcalce, Xoán García, Inocencio Ferrer, Francisco Eiró ou Félix Martín Iglesias.
Referencias bibliográficas:
SOTO, Luís: Castelao, a UPG e outras memorias. Vigo, 1983.
VELO COVELAS, Carlos: «As labouras». En Vieiros, Programa do Padroado da Cultura Galega de México 1. México D.F. Verán 1959. Reedición en A Nosa Terra. Vigo, 1989.
SIXIREI PAREDES, Carlos: Galeguidade e cultura no exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995. p. 235.