Contido:
Sección galega dentro do programa. Radio Clube Portugués, do Porto, acolleu a finais de 1974 unha colaboración de Margarita Ledo Andión dentro do programa O Norte día a día, que ofrecía, segundo afirma a responsable da sección "noticias que non saían nos periódicos ou saían moi pouco, opinión política, denuncias, comunicados e música". A emisión durou moi pouco, uns dous meses ata primeiros de marzo de 1975, que rematou por cambio da programación da emisora portuguesa.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís: Radio e prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995. p. 76.