Contido:
Programa galego conducido por Carlos Díaz. Por problemas financeiros o programa deixouse de emitir o domingo 26 de outono de 1986. Uns meses despois, o 6 de marzo do 87, iniciouse unha segunda xeira de emisións os venres, das dez ás doze da noite, en Radio Tonic FM. O venres 31 de xullo de 1987 remataron as emisións da noite para comezar dous meses despois a terceira xeira, o domingo 4 de outubro de 1987. Emisión financiada con publicidade de anunciantes galegos e mediante socios de apoio cunha cuota anual de vinte francos suízos.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís: Radio e prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995, pp. 71-72.