Contido:
Programa galego. Foi o primeiro programa de temas galegos feito desde Uruguai. A audición estaba dirixida polos irmáns Cadilla e entre os seus principais compoñentes figuran Jaurés Lamarqué Pons, como encargado da dirección musical e Lorenzo Rosito e Pepe Fernández en calidade de colaboradores, quen ao peche do programa formarían o conxunto musical “Los Parranderos” acompañados polo guitarrista Camilo Bóveda Amor. Uns perfís profesionais axeitados para un programa no que se interpretaba música popular en directo, polo que este debía ser o eixe central, e probablemente o único, da súa temática. Airiños da miña terra constitúe o un antecedente doutras audicións galegas de temática musical que aparecerán en anos posteriores, localizándose principalmente en Bos Aires. Emitiuse durante dous anos, deixou de emitirse en 1937 sen que se coñezan ben as causas.
Referencias bibliográficas:
LAMARQUE PONS, Jaures: El varieté y yo. Ediciones Banda Oriental, Montevideo, 1978.
SAMUELLE LAMELA, Cristina: Nuestros gallegos. Editorial Nuestra Tierra. Octubre 1990. pp. 49-51.