Radiodifusión galega na emigración

----

La Voz de Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Subtítulo:

La voz de la emigración

Lugar:
Caracas
País:
Venezuela
Inicio:
[1955]
Fin:
[1960]
Condución
Xosé Velo Mosquera;
Financiamento:
Dependía da asociación Lar Gallego, de Venezuela, que probablemente custeaba a audición en Radio Rumbos.
Contido:
Con anterioridade á posta en antena de Sempre en Galiza, en 1955, existía a audición La Voz de Galicia, que era o voceiro radiofónico de Lar Galicia. O programa emitíase por Radio Rumbos, de Caracas, e estaba dirixido por José Velo Mosquera, que expuña desde el as súas ides galeguistas e republicanas e informaba ademais de actualidade e cultura galegas. En 1956 o director do programa convidou a dar conferencias en Lar Gallego (probablemente para emitilas no seu programa) a personalidades como Otero Pedrayo e Camilo José Cela, pero ambos rexeitaron a oferta, Cela probablemente incomodado porque Velo satirizara nunha audición radial La familia de Pascual Duarte. O 12 de outubro de 1960, fusionáronse os tres centros galegos principais de Venezuela (Casa de Galicia, Lar Gallego e Centro Gallego), que tiñan candanseu programa radial, e adoitaron a denominación de Hermandad Gallega de Venezuela. As audicións que tiña cada un destes organismos tamén se unificaron adoitando a cabeceira de Sempre en Galiza, que era a que levaba o programa da Casa de Galicia.
Referencias bibliográficas:
CAMPOS ÁLVAREZ, Xosé Ramón: «Centros gallegos de Venezuela», en BLANCO RODRÍGUEZ, Juan M: El asociacionismo de la emigración gallega a América. Uned Zamora, Junta de Castilla y León, 2008, p. 334.