Repertorio da prensa da emigración galega

----

Galicia en Madrid

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano de Lar Gallego: Revista mensual

Entidade editora:
Lugar:
Madrid
Inicio:
1932
Fin:
1936
Dirección artística
Manuel Castro Gil;
Dirección
José Manuel Poyán;
Administración
Gerardo Bugallo Barreiro;
Colaboración
Aurelio Ribalta; Avelino Rodríguez Elías; Antonio Noriega Varela; Antonio Rey Soto; Ramón Cabanillas; Valentín Lamas Carvajal; Victoriano García Martí; Wenceslao Fernández Flórez;
Corresponsalía
Miguel Bendamio Montero, A Habana;
Redacción
Enrique Peinador; Jesús González Basanta; José Fernández Garrido; Manuel Fontán Medina; Manuel Fraiz Grijalba;
Secretaría de redacción
José Díaz Andión;
Xefatura de redacción
José Vidal Lois;
Periodicidade:
Mensual, con algunhas irregularidades
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán, limitándose o uso do galego ás colaboracións literarias
Formato:
30 x 23 cm
Extensión:
Variable, entre 14 e 24. Inicialmente a maioría ten 16 e posteriormente 20. O número extraordinario ten 24 e o número 4 só conta con 4 páxinas.
Prezo:
Inicialmente o número solto: 0,25 ptas.; subscrición semestral: 1,50 ptas. e anual: 3 ptas. Posteriormente pasa a 4 ptas. a subscrición anual e o número solto, 0,40 céntimos.
Redacción:
Mariana Pineda, 5. Madrid
Imprenta:
Diana Artes Gráficas, Larra. Madrid.
Contido:
Prensa societaria que "se propone la exaltación de los valores sociales, la difusión de las imponderables bellezas de nuestra amada tierra, la compenetración y el mutuo apoyo de los gallegos residentes en la capital de España". Contén principalmente información dirixida aos integrantes do Lar sobre as actividades do mesmo ("Vida Social"), notas de sociedade de Madrid e Galicia, etc. Inclúe numerosos traballos sobre diferentes aspectos da cultura galega: personalidades ("Nuestros artistas", "Escritores gallegos en Madrid"), historia, vilas, turismo ("Lo que hay que ver en Galicia", "Estampas Gallegas"), bibliografías, así como evocacións, loanzas e colaboracións literarias. Convén sinalar a sección "Letras de La Habana", dedicada a Cuba e aos residentes galegos naquela illa. Nas últimas páxinas dos primeiros números ofrece por entregas o texto do Estatuto de Galicia.
Observacións:
O número 11 do mes de novembro de 1932 ten un formato diferente ao resto, con tamaño de periódico e só catro páxinas, pero os seus contidos son semellantes aos dos outros números
Ilustracións:
Abundantes, inclúe fotografías evocadoras de Galicia, retratos, actos sociais, reprodución da obra de artistas galegos e algún debuxo intercalado nos artigos literarios.
Publicidade:
Abundante e localizada sobre todo nas catro últimas páxinas. Consiste principalmente en anuncios de establecementos comerciais de galegos en Madrid. Tamén inclúe avisos de compañías de navegación e de liñas de autobuses.