Programa radial Casa de Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Caracas
País:
Venezuela
Inicio:
[1956]
Fin:
[1960]
Idioma:
castelán
Financiamento:
Casa de Galicia.
Contido:
Programa radial Casa de Galicia era o nome dunha audición de contidos e temas galegos promovida pola Casa de Galicia, entidade que xurdiú do fracaso do primeiro intento de unificar as entidades Lar Gallego e Centro Gallego de Venezuela. Posteriormene, por mediación de Eduardo Blanco Amor, o programa pasou a chamarse Sempre en Galiza. En 1960, cando as tres principais asociacións galegas de Venezuela (Casa de Galicia, Centro Gallego e Lar Gallego) se fusionaron na Hermandad Gallega de Venezuela, as audicións que promovían esas entidades tamén se fusionaron mantendo o nome de Sempre en Galiza.
Observacións:
Programa radiofónico de Casa de Galicia de Venezuela.
Referencias bibliográficas:
CAMPOS ÁLVAREZ, X. R: «Centros gallegos en Venezuela », en BLANCO RODRÍGUEZ, X. A. (ed.): El asociacionismo de la emigración española a América, UNED Zamora, Junta de Castilla y León, 2008, p. 339.
Créditos da colección:

Créditos

Base de datos:
Jesús J. Blanco Rosas
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
O autor deste repertorio realiza diferentes investigacións desde 1998 sobre as actividades comunicativas dos emigrantes galegos a través da radio. As súas achegas neste campo se recollen na tese de doutoramento “Historia da radio galega en Arxentina” (2015) e nas monografías Maruxa Boga. Recordando a Galicia (2018), dedicada a poñer en valor a figura de Maruxa Boga, pioneira da radio galega da emigración, e a lonxeva audición que conduciu en Bos Aires durante case corenta anos, e Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego (2010), sobre programa radiofónico e a revista Galicia Emigrante, de Luís Seoane así como na publicación de diversos artigos sobre o tema nos que xa se deron a coñecer parcialmente os contidos desta base de datos en revistas especializadas en historia e cultura de Galicia como Galaxia, Estudios Migratorios, Tempos e Luzes, así como outras posteriores aparecidas na revista Murguía.