Ecos de Cuba

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista decenal del Avisador Comercial

Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Inicio:
1895
Comezo-cese:
1895-1898
Periodicidade:
Decenal
Idioma:
Español
Extensión:
4 páxinas
Prezo:
5 centavos
Contido:
Esta publicación decenal (publicábase os días 10, 20 e 30 de cada mes, coincidindo coa saída dos barcos correo cara a Península Ibérica) apareceu pouco despois do estoupido do conflito independentista cubano en 1895. Foi concebida como un sumario dos feitos que ocurrían en Cuba para manter informados a aqueles que, en España, estaban interesados na situación da illa. Defensora da soberanía española sobre Cuba, constitúe unha crónica que dá a coñecer un episodio fundamental da historia cubana: informa sobre as batallas e escaramuzas das tropas, sobre as condicións económicas nas cidades e no campo, as tácticas militares e as figuras máis importantes dos dous bandos. Tamén fala dos partidos políticos cubanos, dos órganos de prensa existentes na illa, dos barcos que visitan os seus portos e a tendencia intervencionista dos Estados Unidos cara Cuba. Reproduce proclamas, documentos e cartas que reflicten as crenzas daquelas personalidades que dirixiron a guerra. Destacan as colaboracións de Martínez Campos, Weyler, Martí, Gómez ou Maceo.
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Non ten
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1895-1898: decena 1-113