España Integral

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Revista mensual ilustrada
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Data de inicio:
1/11/1924
Ano de inicio:
1924
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán
Extensión:
32 páxinas
Financiamento:
No editorial abogan por manterse grazas á publicidade.
Contido:
Esta revista foi editada como órgano da Asociación Católica española España Integral, que tiña como membros da súa directiva a destacados membros da colectividade galega en Cuba como Antonio Couzo García, administrador da publicación. Ademais de informar sobre o funcionamento e actividades da asociación, hai artigos de figuras destacadas como Manuel Aznar "La España de Hoy", noticias da vida social cubana, e poemas e textos literarios. Conta cunha sección titulada "¡La Mujer! Página feminista" dedicada ás súas asociadas e asinada polo Dr. Eustasio Urra; outra sección "Sociedades españolas" relata as actividades das diversas asociacións españolas existentes na capital cubana.
Observacións:
Director da publicación: Clara Moreda Luis; administrador: A. Couzo García
Ilustracións:
Moi escasas, unha fotografía autografada do Obispo da Habana .
Publicidade:
Moi abundante, de negocios de moi diversa tipoloxía.
Números consultados:
1924: n.º 1