Repertorio da prensa da emigración galega

----

Asociación Hijos de Zas

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Formato:
30 x 21,5 cm.
Extensión:
80 páxinas
Contido:
Publicación societaria editada con motivo da celebración do aniversario fundacional da asociación Hijos de Zas de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas pola entidade. Na revista do 75 aniversario, a metade da publicación está centrada na historia e xeografía do concello de Zas; a outra metade está dedicada á sociedade, a súa historia, os socios fundadores e as actividades festivas polo aniversario. Aparecen tamén varios poemas e un relato titulado La ambición de Feitiño, no que se conta as vicisitudes da experiencia migratoria dun emigrante galego.
Ilustracións:
Moitas fotografías dos socios e directivos e das diversas actividades organizadas pola asociación; tamén hai fotografías das parroquias e do concello de Zas.
Publicidade:
Moi numerosa, distribuída por toda a publicación
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1998: 75 aniversario
2003: 80 aniversario