Repertorio da prensa da emigración galega

----

Asociación Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Bos Aires
Idioma:
Castelán
Formato:
26 x 20 cm.
Extensión:
22 páxinas
Contido:
Publicación societaria editada por esta asociación de emigrantes, onde a directiva informa das actividades organizadas pola entidade, tamén da lexislación española e da súa traxectoria. Tamén hai algúns artigos sobre cultura galega como o encaixe de bolillos, cociña galega ou sobre actuacións folclóricas. No número consultado hai varias páxinas dedicadas á visita do alcalde de Porto do Son á entidade en Bos Aires.
Ilustracións:
Numerosas fotografías dos socios e das actividades que se organizan no centro
Publicidade:
Numerosos anuncios de negocios distribuídos por toda a revista: hostalaría, panaderías, pescaderías, inmobiliarias, axencias de viaxes etc.
Relacionadas:
Porto do Son. (Publicacións editadas pola mesma sociedade);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2002: n.º 8