Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Album artístico-literario publicado por esta sociedad "Mondoñedo y distritos" con motivo de las fiestas de los Remedios

Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1923
Idioma:
Castelán, con algúns textos literarios en galego
Extensión:
96 páxinas
Contido:
Esta publicación societaria está editada para conmemorar a festividade da patroa de Mondoñedo, a Virxe dos Remedios. Case a metade da revista contén artigos sobre Mondoñedo (historia, xeografía, arquitectura etc.) e sobre persoeiros destacados vinculados á comarca. Tamén lle dedican espazo aos concellos veciños de Alfoz, Abadín, Lourenzá, Riotorto, Pastoriza, Valadouro, e Foz. Hai numerosas de colaboracións literarias de escritores galegos como Eduardo Lence-Santar ("Poetas mindonienses"), Manuel Leiras Pulpeiro, Uxío Carré Alvarellos, Justo Rivas Fernández, Antonio Noriega Varela ("De Ruada"), Antón Villar Ponte ("Pol-a cultura da nosa terra"), R. Veiga González ("Remembranzas"), Leandro Carré ( coa obra teatral "A sorte") etc.
Aparece tamén reproducida a acta fundacional de "Mondoñedo y sus distritos" e diversas noticias sobre as súas directivas e actividades.
Ilustracións:
Numerosas fotografías distribuídas por toda a publicación: fotos dos lugares máis bonitos ou pintorescos de todos os concellos mencionados, pero tamén dos seus habitantes en festas ou diversos actos sociais. Hai tamén numerosos retratos de persoeiros desta comarca e tamén de socios e directivos da entidade editora.
Publicidade:
Abundante, concentrada nas últimas 6 páxinas
Relacionadas:
Mondoñedo. 1926 (Publicacións editadas pola mesma sociedade);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1923
n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 9/1923