Repertorio da prensa da emigración galega

----

Gavieiro da nosa identidade

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
2006
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe
Formato:
28 x 20 cm.
Extensión:
Irregular
Contido:
Esta publicación está editada pola delegación arxentina da Fundación Galicia-América coa intención de convertirse nunha "guía a favor da normalización lingüística na quinta provincia". Cun marcado carácter cultural reproduce numerosos artigos e colaboracións de autores galegos como Castelao, Otero Pedrayo, Alonso Ríos, Avelino Díaz, Maruja Boga, Suárez Picallo ou Rodolfo Prada entre outros; tamén hai colaboracións de investigadores e escritores galegos e arxentinos actuais como Xavier P. Docampo, María Rosa Lojo, Arturo Lezcano etc., todos eles centrados na cultura e lingua galegas. O número 1 homenaxea na súa portada á Real Academia Galega "cen anos coidando a lingua"; o n.º 2 ao Instituto arxentino galego Santiago Apóstol "educación: alicerce dunha cultura, progreso dun pobo" e o no número 3 lóase a figura de Raúl R. Alfonsín, presidente arxentino de orixe galega.
Tal como aparece nun editorial asinado por Carlos X. Rodríguez Brandeiro (director) "Gavieiro quere colaborar na difícil tarefa que supón o espallamento dunha cultura que -moitas veces por descoñecida- aínda hoxe non puido ser apreciada na súa xusta medida. Lograr que non se esquezan os logros dos devanceiros nin as súas ensinanzas e que a Galicia universal na que vivimos cada un de nós recorde o seu tempo pretérito e mire cara o futuro (...). Por outro lado, abrir espazos de comunicación entre as dúas beiras do Atlántico e servir de órgano difusor de ideas".
Ilustracións:
Algunhas fotografías complementando os artigos
Publicidade:
Non
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2006: n.º 1
2007: n.º 2
2008: n.º 3