Subtítulo:

Órgano oficial de la sociedad Residentes de Lousame

Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1943
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, con algúns textos literarios en galego
Extensión:
40 páxinas
Contido:
Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das súas actividades, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia. Aproveitan a súa publicación para dar a coñecer a memoria e balance xeral da entidade aprobado na Asamblea Xeral de socios. Aparece tamén o listado de incorporacións de novos socios. Ten tamén algúns textos literarios e poemas.
Ilustracións:
Algunha fotografía da comisión directiva e dos socios en diversas actividades. Nas "galería infantil" aparecen retratos dos fillos dos socios.
Publicidade:
Abundante e distribuída por toda a publicación
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1945: n.º 3