Revista Compostela

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Editada para la U. Resid. de Santiago de Compostela
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
1935
Ano de inicio:
1935
Periodicidade:
Anual
Extensión:
74 páxinas
Contido:
Publicación societaria creada para informar aos socios da entidade editora sobre as actividades realizadas , de feito comeza cun artigo titulado "Nuestra obra de divulgación cultural". Conta con numerosos artigos e textos literarios ou sobre figuras da cultura galega como Castelao, e con colaboracións literarias de Arturo Souto, Avelino Díaz, Leandro Pita Romero, Ramón Rey Baltar etc. Nas últimas páxinas aparece un directorio cos enderezos de parte dos santiagueses residentes en Bos Aires (supoñemos que socios da entidade), directorio que esperan incrementar.
Ilustracións:
Fotografías de socios en diversos actos societarios e da xeografía galega e santiaguesa
Publicidade:
Anuncios de negocios de todo tipo distribuídos por toda a revista
Números consultados:
1941-44: n.º 6-9 (nun só exemplar)
Relacionadas:
Compostela. 1938 (Publicacións da mesma entidade)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1941-1944: n. 6-9