Repertorio da prensa da emigración galega

----
Lugar:
Bos Aires
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán, con algúns textos en galego
Formato:
22,5 x 14 cm.
Extensión:
Entre 32 e 36 páxinas
Contido:
Este boletín creouse principalmente para informar das actividades da Fundación Xeito Novo, que se encarga da promoción da música e baile galegos na Arxentina. Contan cun grupo de músicos, bailaríns e un coro, organizando espectáculos por toda a xeografía arxentina. Teñen tamén unha escola de música e baile tradicionais.
Ilustracións:
Moi poucas, algunhas fotografías de socios ou visitantes á institución
Publicidade:
Abundante, distribuída por toda a revista
Relacionadas:
Xa. 1993 (Publicacións da mesma entidade);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1991: novembro