Galicia en Córdoba

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Boletín Informativo
Lugar:
Córdoba [Arxentina]
País:
Arxentina
Data de inicio:
2004
Ano de inicio:
2004
Periodicidade:
Trimestral
Idioma:
Castelán
Formato:
21,5 x 15 cm.
Extensión:
11 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Contido:
Esta publicación societaria foi editada pola Casa de Galicia de Córdoba para informar aos seus socios das actividades organizadas pola mesma. Contén ademais diversas reportaxes nas que se realizan percorridos polos puntos máis coñecidos da xeografía galega, tanto pola súa fermosura como polo seu interese económico e turístico.
Ilustracións:
Moi poucas fotografías de persoeiros históricos
Publicidade:
Anuncios de diversos negocios localizados nas últimas páxinas e na contraportada.
Números consultados:
2004: n.º 1
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2004: n.º 1