Repertorio da prensa da emigración galega

----

Fala Galicia

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Informativo

Lugar:
Salvador
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Portugués
Formato:
31,5 x 21,5 cm.
Extensión:
8 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Contido:
Esta revista mensual está editada en Salvador de Bahía baixo o patrocinio da CELGA da UFBA, a Xunta de Galicia e a sociedade Caballeros de Santiago. Cada número está dedicado a un concello galego, facendo un breve balance histórico, socioeconómico, cultural e xeográfico do mesmo. Informa ademais das diversas actividades organizadas pola colectividade galega residente en Salvador e conta con artigos sobre a cultura e a lingua galega.
Ilustracións:
Algunhas fotografías de lugares e monumentos de Galicia e dalgunhas persoas destacadas
Publicidade:
Numerosos anuncios de negocios diversos (hostalaría, fábricas de café, alimentación, funerarias, xoiarías, panaderías, madereiras, talleres mecánicos etc.)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2003: n.º 1, 2, 4-7, 9-11
2004: n.º 13-23
2005: n.º 24-35
2006: n.º 36-38, 44-47
2007: n.º 48-53, 55-59
2008: n.º 60, 61, 63, 64
2009: n.º 73, 76, 78, 79, 83
2010: n.º 84, 87, 94
2011: n.º 99, 100