A Nosa Terra

Colección: A Nosa Terra [xornal 1977-2011];
Subtítulo:

A Nosa Terra : periódico galego semanal

Lugar:
Santiago de Compostela
País:
España
Inicio:
1977
Fin:
2011
Fundación
César Varela García
Felipe Senén
Xoaquín Acosta
Xosé Enrique Morales
Xosé Luís Fontenla
Dirección
Margarita Ledo
Presidencia
Xosé Luís Fontenla
Corresponsalía
Fernando Ramos, Vigo
Guillermo Campos, Pontevedra
Lalo González, Ferrol
Isabel Álvarez, A Coruña
Paco Arrizado, Lugo
Xosé Aurelio Carracedo, Ourense
Deseño gráfico
Pepe Barro
Fotografía
Brais Piño
Fernando Bellas Jiménez
Redacción
Antón L. Galocha
Emilio Veiga, Redacción en Catalunya
Lourdes Auzmendi, Redacción en Euskadi
Luís Celeiro, Redacción en Madrid
Mariña Folgueira Portela, Redacción en Madrid
Pilar Iparraguirre
Xosé López García
Xosé Ramón Pousa
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Galego
Extensión:
20 páxinas
Prezo:
N.º solto: 25 pesetas; Por suscrición: 6 meses: 650 pesetas; 1 ano: 1.250 pesetasPrezo por acción da empresa editora Promocións culturais galegas S.A: 5.000 pesetas
Lugares de distribución:
Segundo consta no número 3, este periódico era distribuído por Henche (A Coruña), Prensa Nacional (Santiago), Delta (Ferrol),Distribuidora Viguesa (Vigo), Cao (Pontevedra), Pampin (Vilagarcía), A.Pol (Lugo), Vda. De Lisardo (Ourense) e F. Rafales Artal (Barcelona).
Contido:
Periódico galego semanal de liña nacionalista no que prima o xornalismo informativo e conta con espazos para a opinión, tanto de colaboradores como de lectores. Os contidos aparecen distribuídos nas seccións En poleiro alleo, Nacional, Tribuna, Estado, Internacional, Deportes, O dereito e a razón, Da terra asoballada, Guieiro, Axenda, Anuncios de balde, Cartas.
Observacións:
Descrición baseada no n.0 do 2 de decembro de 1977
NOTA LEGAL: Estes fondos hemerográficos son propiedade da Fundación A Nosa Terra. Permítese a consulta e emprego dos fondos dixitalizados coa finalidade da súa conservación e investigación, de xeito que as obras integrantes dos fondos poidan ser distribuídas e difundidas sempre que se cite a súa autoría, non se obteña beneficio comercial e non se realicen obras derivadas. Calquera dúbida sobre o uso destes fondos debe ser consultada á súa propietaria, a Fundación A Nosa Terra.
Ilustracións:
Fotografías de Brais Piño e Fernando Bellas e ilustracións de artistas plásticos galegos de renome.
Publicidade:
Si

números