Correo Literario

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1943
Fin:
1945
Periodicidade:
Quincenal
Idioma:
Castelán
Formato:
xornal, 49 x 33 cm.
Extensión:
8 páxinas
Prezo:
30 cts.
Contido:
Revista literaria editada por un grupo de exiliados galegos entre 1943 e 1945 co fin de dar a coñecer ao público latinoamericano algunhas das manifestacións culturais de Galicia. Fundárona en Bos Aires Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Luís Seoane aos poucos meses da desaparición de De mar a mar. Dirixida por Seoane, destacan tamén as colaboracións gráficas de Colmeiro e doutros artistas arxentinos. Tiña un formato de periódico tabloide, ilustrado con fotografías e debuxos, impresos a dúas ou tres tintas, onde se recollía información artística literaria. Os primeiros números eran quincenais, para pasar logo a ser mensuais. Os seus contidos programáticos poden resumirse en orientación americanista, enfoque político internacional en favor das democracias, posición antifranquista, identificación entre cultura e liberdade, promoción de iniciativas culturais de amplo alcance e afirmación do universalismo fronte ao nacionalismo.
Ilustracións:
Numerosas fotografías de escritores, artistas, escultores etc. que enmarcan os artigos. Destaca polas numerosas colaboracións gráficas de destacados pintores como Luís Seoane, Colmeiro ou tamén de artistas arxentinos como Juan C. Castagnino, Alberto Girri, Pedro Larralde e Javier Farías.
Publicidade:
Moi pouca, en todos os números hai un pequeno anuncio dunha imprenta (Imprenta López) e tamén aparecen anuncios de editoriais, librarías etc. sempre relacionados co mundo cultural.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1943: n.º 1-3
1944: n.º 4-27
1945: n.º 28-40