Casa de Galicia. 50 años de pujante acción social

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Entidade editora:
Lugar:
Montevideo
País:
Uruguai
Inicio:
1967
Fin:
1967
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Castelán
Formato:
Revista, b/n, 28,5 x 20 cm.
Extensión:
80 páxinas
Contido:
Revista societaria publicada para conmemorar o 50 aniversario da entidade. Ademais de facer unha semblanza histórica do que supuxo a entidade (artigos asinados por José Lorenzo Goenaga sobre un dos seus presidentes e fundador máis recoñecido, José M.ª Barreiro, ou "Medio siglo" asinado por Juana de Ibarbourou etc.) achega ampla información sobre a inauguración dun novo sanatorio e sobre as instalacións médicas que manteñen para uso dos seus asociados. Hai diversas colaboracións de médicos do seu complexo hospitalario e tamén mensaxes de recoñecemento e felicitación de destacados cargos políticos uruguaios e españois como o presidente da República, General Óscar D. Gestido, o ministro de sanidade pública ou o ministro de traballo español. Abrangue tamén outras actividades de Casa de Galicia como a cultural ou deportiva. Conta con colaboracións de intelectuais como C. Madariaga ou a Dra. Adela Reta "Magistral Concecpción Arenal" entre outros.
Ilustracións:
Numerosas fotografías históricas e actuais das instalacións de Casa de Galicia, das diversas autoridades da entidade e tamén das actividades societarias.
Publicidade:
Anuncios vinculados coa súa actividade sanitaria como de farmacéuticas, laboratorios, ambulancias, aseguradoras médicas etc. espallados por toda a publicación.
Relacionadas:
Revista Salud. (Publicación da mesma entidade editada noutra época)
Ecos da Terra. 1981 (Publicacións vinculadas coa mesma entidade)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1967