Subtítulo:
Publicación mensual de la Peña "Alexandre Bóveda" por el progreso del ajedrez venezolano
Entidade editora:
Entidade editora:
Lugar:
Caracas
País:
Venezuela
Data de inicio:
1/1/1960
Ano de inicio:
[1960]
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán
Extensión:
4 páxinas
Contido:
A Peña de xadrez "Alexandre Bóveda", pertencente ao Lar Gallego de Caracas decide publicar esta revista coa intención de "acercar más a nuestros consocios y mantenerlos informados de cuanto interesante ocurra dentro y fuera de la Peña en este mundillo del Ajedrez". Tratan pois todos os aspectos sobre o mundo do xadrez, deporte moi popular en Venezuela, e ofrecen artigos sobre este mundo con noticias a nivel nacional e internacional "propendiendo en la modestia de sus fuerzas a la difusión y progreso del ajedrez en toda Venezuela".
Observacións:
A Peña Alexandre Bóveda pertencía ao Lar Gallego de Caracas, ata que esta entidade, o 12 de outubro de 1960, se fusionou co Centro Gallego e Casa de Galicia de Caracas e fundouse a Hermandad Gallega de Venezuela. A Peña continuará formando parte desta nova entidade.
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Moi poucos anuncios, de pequeno tamaño, de negocios de xoiería, decoración do fogar ou transporte
Números consultados:
1960: n.º 1-12
1961: n.º 13-19
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1960: n.º 1-12
1961: n.º 13-19