Subtítulo:

Banda de Gaitas Xuntanza Fillos de Ourense

Lugar:
Caracas
País:
Venezuela
Inicio:
2001
Idioma:
Castelán, con algún texto literario en galego
Formato:
Revista, cor, 28 x 21,5 cm.
Extensión:
32 páxinas
Contido:
Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.
Ilustracións:
Numerosas fotografías dos membros da banda e das súas diversas actuacións
Publicidade:
Anuncios de negocios de todo tipo (talleres mecánicos, hostalaría, casas de cambio, floristarías, restaurantes etc.) distribuídos pola revista.
Relacionadas:
Reporte Ourensán. (Publicación vinculadas coa mesma entidade)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2001: n.º 1