Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago

Lugar:
Bahia
Periodicidade:
Bimensual
Idioma:
Castelán
Formato:
Xornal, 41 x 30 cm.
Extensión:
10 páxinas
Prezo:
Gratuíta
Contido:
O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.
Ilustracións:
Algunhas fotografías e gravados que complementan os artigos
Publicidade:
En todas as páxinas, na parte inferior, hai un anuncio da compañía de aviación IBERIA. Ademais unha páxina enteira (páxina 3) está dedicada a creación e funcionamento da compañía.
Relacionadas:
Associação Cultural Caballeros de Santiago. (Publicación da mesma entidade editada noutra época); Sociedade cultural Caballeros de Santiago. 1996 (Publicación da mesma entidade editada noutra época); Informativo Caballeros de Santiago. 1996 (Publicación da mesma entidade editada noutra época);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1977: n.º 11