Promoción da Cultura Galega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

cumprimos 25 anos!!

Lugar:
Zúrich
País:
Suíza
Inicio:
2001
Fin:
2001
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Galego. Hai anuncios en español e alemán.
Formato:
Revista, cor, 30 x 21,5 cm.
Extensión:
32 páxinas
Contido:
Este boletín social foi editado pola sociedade do mesmo nome co fin de conmemorar o 25 aniversario fundacional e dan a coñecer os actos que organizan entre a colectividade galega e española asentada en Zürich. Hai numerosos artigos sobre a cultura e a sociedade galegas do momento, así como sobre a historia. Tamén aparecen algúns textos literarios.
Ilustracións:
Fotografías en cor dos socios e directivos en diversas actividades societarias. Tamén hai unha páxina completa dedicada ao humor de Xosé Lois.
Publicidade:
Anuncios de negocios e empresas de diverso tipo (hostalería, transportes, electrodomésticos, bancos, boutiques, mudanzas, xestorías etc.). Moitos dos anuncios son en alemán ou español.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2001