Repertorio da prensa da emigración galega

----

Xornal d'a nosa Galiza

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Xenebra
Inicio:
1969
Idioma:
Galego
Formato:
28 x 20,5 cm.
Extensión:
29 páxinas
Contido:
Revista societaria que no seu editorial proclama "a percura do millor galego esquirto que nos sexa posible é unha das preocupazóns dos que redaitamos iste xornal". Consta de varias seccións: "Literatura" con biografías de autores galegos recoñecidos, informacións sobre libros e tamén sobre teatro e poesía; "economía" sobre a situación actual de Galicia; a vida societaria, directivas, o balance económico da entidade e as actividades organizadas para os socios; ademais hai artigos sobre temas que poden interesar aos socios e a colectividade emigrada, reproducións de artigos publicados na prensa galega, debuxos de Castelao etc.
Ilustracións:
Algúns debuxos e na portada a reprodución dunha fotografía de Rosalía de Castro.
Publicidade:
Non ten.
Relacionadas:
Nosa Galiza, A. (Publicación da mesma entidade);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1970: n.º 2