Repertorio da prensa da emigración galega

----

Asociación Rosalía de Castro

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Gran Festival

Lugar:
Berna
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, con algún texto literario en galego
Formato:
Folleto, 20,5 x 14,5 cm.
Extensión:
Variable, entre 52 e 60 páxinas
Contido:
Boletín societario anual no que se informa sobre a entidade e publican o programa do gran festival que ésta organiza cada ano. Sempre hai artigos ou referencias á escritora Rosalía de Castro, de quen toman o nome. O número de 1999 está dedicado á celebración do seu décimo aniversario fundacional e tamén hai pequenas historias doutras asociacións galegas na Suíza e do seu grupo folclórico.
Ilustracións:
Moi poucas, algunha fotografía da directiva ou do seu grupo folclórico.
Publicidade:
Moi abundante, anuncios de todo tipo de negocios, sobre todo de galegos e españois na cidade de Berna.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1996
1999: 10 aniversario