Subtítulo:

Agrupación Cultural Galega

Lugar:
Barcelona
País:
España
Inicio:
2002
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Galego
Formato:
Revista, cor, 30 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 46 e 80 páxinas
Contido:
Revista societaria que, como din no seu editorial do nº. 2 recolle "o espírito da nosa antecesora Saudade Xove, converténdose no voceiro social da entidade do mesmo nome. Foi creada para manter informados aos seus socios das diversas actividades culturais organizadas pola entidade e tamén aparecen noticias xerais sobre Galicia e Cataluña: "A vontade desta revista é sobre todo encher o tempo de lecer de aqueles lectores que a poidan ter nas súas mans. Intentaremos ofrecerlles en cada número temas de actualidade, con entrevistas a músicos, escritores, políticos que poidan aportar a súa opinión, artigos que nos acheguen temas de toda índole, historia, xeografía, literatura, turismo etc., para descubrir aspectos da realidade galega dos que ás veces non nos decatamos, e tamén estarán presentes as actividades que a nosa agrupación está a facer".
Ilustracións:
Numerosas fotografías de actos societarios e tamén de Galicia (monumentos, paisaxes, actos reivindicativos etc.).
Publicidade:
Escasa, con anuncios a toda páxina de negocios de galegos en Cataluña, tamén ten anuncios institucionais da Xunta de Galicia e da Generalitat de Catalunya.
Relacionadas:
Saudade Xove. 1996 (Voceiro da mesma entidade editado noutra época)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2002: n.º 2
2004: n.º 3
2005: n.º 4
2006: n.º 5
2008: n.º 6 (XXV anos de historia)