Subtítulo:

Revista cultural
A partir de 2003: Revista cultural do Centro Galego Nós de Sabadell

Entidade editora:
Lugar:
Sabadell
País:
España
Inicio:
1999
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego, con algúns textos en castelán ou catalán
Formato:
Revista, cor, satinada. 30 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 29 (o n.º 1) ata 80 páxinas (especial 25 aniversario); nos últimos números tiña 40 páxinas.
Contido:
Esta revista societaria está editada anualmente como voceiro oficial do Centro Galego Nós. Contén reportaxes sobre diversos temas culturais galegos. Ademais recollen saúdos de persoeiros destacados e numerosas colaboracións literarias; aparecen reseñas de todos os actos organizados pola entidade editora.
Ilustracións:
Numerosas fotografías dos actos societarios, e tamén de Galicia (paisaxes, monumentos etc.)
Publicidade:
Moi escasa, situada na última folle e contraportada, con case sempre os mesmos anuncios: dun grupo de espectáculos e dunha orquesta, unha empresa de deseño gráfico e na contraportada sobre a Fira do Cavall de Sabadell.
Relacionadas:
Centro Galego Nós de Sabadell. 1998 (Publicación da mesma entidade)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1999: n.º 1
2000: n.º 2
2001: n.º 3
2002: n.º 4
2003: n.º 5 (25 aniversario)
2004: n.º 6
2005: n.º 7
2006: n.º 8
2007: n.º 9
2009: n.º 11