Repertorio da prensa da emigración galega

----

Festas do Santiago

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo

Lugar:
Barakaldo
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, galego e castelán
Formato:
Folleto, cor, 22 x 15,5 cm. 2005: revista, cor, 30 x 21 cm.
Extensión:
Variable entre 24 e 47 páxinas
Contido:
Boletín societario editado con motivo da celebración das Festas do Día de Galicia no barrio de Santiago. Ademais do programa das festas cos diversos actos festivos, culturais e deportivos, a directiva aproveita para informar de diversas cuestións interesantes para os socios. A metade da publicación son textos literarios, escritos todos en galego.
Ilustracións:
Nos primeiros anos non ten. Despois aparecen fotografías da celebración das festas; tamén fotografías de Galicia (paisaxes, monumentos etc.)
Publicidade:
Non ten, agás a contraportada cun anuncio dunha caixa de aforros. Co paso do tempo si aparecen anuncios de negocios de todo tipo distribuídos pola revista.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1984
2005