Repertorio da prensa da emigración galega

----

Revista Cultural

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Especial Letras Galegas

Lugar:
Barakaldo
Idioma:
Galego
Formato:
Folleto, 21,5 x 15 cm.
Extensión:
16 páxinas
Financiamento:
Xunta de Galicia (Consellería de Emigración) e Diputación Foral de Bizkaia
Contido:
Tal como seu nome indica pretende ser unha revista centrada nas actividades culturais do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo. Céntranse na figura homenaxeada ese ano no Días das Letras Galegas, Lorenzo Varela, cun percorrido biográfico e literario e reprodución dalgúns dos seus poemas. Hai un artigo sobre a literatura popular galega do século XX e varias reproducións de Literatura oral ("para mostra "un sermón", "un desafío", "un romance" e un "parrafeo"). Dan a coñecer a obra de Mario Dapena "un mestre emigrante").
Na revista publican tamén as bases para participar no concurso de contos "Breogán" que organiza o Centro dende hai moitos anos, de feitos en 2005 xa levan 38 edicións.
Ilustracións:
Algunhas imaxes en branco e negro, retratos de escritores e paisaxes galegas.
Publicidade:
Non ten
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2005