A Corredoira

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Sestao
País:
España
Inicio:
1985
Idioma:
Bilingüe, con predominio do galego
Formato:
Revista, B/N, 30 x 21,3 cm.
Extensión:
23 páxinas
Financiamento:
Dirección Xeral de Emigración da Xunta de Galicia
Contido:
Publicación societaria editada polo Departamento de Cultura da entidade para informar aos socios sobre as diversas actividades organizadas (semana cultural, certame de poesía, exposición de cerámica, libros e discos galegos etc.); tamén conta con varios artigos dedicados a Rosalía de Castro e Castelao, con reprodución dalgunhas das súas obras. No editorial explican os motivos da creación da revista "o intento de potenciar unha maior participación dos emigrantes galegos, que vivides en Sestao, na vida social e cultural de Galicia (...) tentamos achegar a realidade cultural galega a vos, homes e mulleres que estades fora da vosa terra, para que deste xeito trasmitades a herencia cultural galega ós vosos fillos".
Ilustracións:
Fotografías dos socios e directivos da entidade editora en diversas actividades societarias. Tamén hai debuxos de Castelao.
Publicidade:
Non ten.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1985: n.º 0-1