Día de Galicia en Euskadi

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Elgoibar
País:
España
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, con algúns textos en éuscaro
Formato:
Folleto, cor, 21 x 15 cm.
Extensión:
128 páxinas
Financiamento:
Xunta de Galicia, Excmo. Ayuntamiento de Elgoibar, Diputación Provincial de Guipúzcoa
Contido:
Boletín societario editado pola celebración da festa do Día de Galicia. Ademais do programa de festas coas actividades organizadas polas sociedades galegas en Euskadi, hai artigos sobre Galicia, a súa cultura, xeografía, gastronomía (receitas da cociña galega) e folclore. Pódense ler tamén textos literarios e viñetas de autores recoñecidos como Quesada ou Xosé Lois.
Ilustracións:
Algunhas fotografías de Galicia (paisaxes, monumentos etc.) e dos socios e directivos participando nas diversas actividades culturais e lúdicas.
Publicidade:
Abundante, con numerosos anuncios de negocios de todo tipo distribuídos por toda a publicación.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2003