Fiestas de Santiago Apóstol

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Vitoria
País:
España
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
Revista, 20,5 x 14,5 cm.
Extensión:
112 páxinas
Contido:
Este boletín societario está publicado con motivo da celebración das festas de Santiago Apóstolo. Informan aos galegos e ao resto dos vitorianos do programa das festas con diversos actos lúdicos e culturais. Hai tamén artigos sobre Galicia (xeografía, Camiño de Santiago, os símbolos da galeguidade, literatura e escritores etc.) e tamén sobre gastronomía, pasatempos etc.
Ilustracións:
Fotografías de socios e directivos nas diversas actividades organizadas polo Centro.
Publicidade:
Moi abundante, con anuncios de negocios de todo tipo distribuídos pola revista.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1990
1999
2009
2010