A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntase aquí Deliberadamente. Folha informativa de activismo feminista, editada por Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) entre 1996 e 2004. Os números regulares publicábanse cadrando coas xornadas reivindicativas do 8 de marzo e o 25 de xullo, subliñando deste xeito o seu carácter de foro feminista e nacionalista. O seu contido inclúe debates e denuncias do movemento feminista desde unha perspectiva galega. Incide en particular no antimilitarismo, o antipatriarcado, as diversas formas de violencia contra as mulleres, dereitos reprodutivos, a precarización, os espazos de independencia e a visión feminista fronte á globalización e Europa. Informa sobre as actividades e publicacións das MNG, así como sobre a creación da Marcha Mundial das Mulleres (MMM).
Subtítulo:

Folha informativa de activismo feminista

Entidade editora:
Lugar:
Santiago de Compostela
Inicio:
1996
Fin:
2004
Comezo-cese:
N.º 0 (xullo 1996) – n.º 14 (marzo 2004)
Periodicidade:
Todos os anos publica un número co gallo do 8 de marzo e o 25 de xullo. En 1998, 2001 e 2002 tamén saen por mor do 25 de novembro.
Idioma:
Galego
Formato:
Números 0, 2 e 3: 30 cm alto x 21 cm ancho Números 1 e 4-15: 42 cm alto x 29 cm,50 mm ancho
Extensión:
Entre 4 e 8
Prezo:
De balde
Lugares de distribución:
Actos e lugares de encontro feministas
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Publicación de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), consta de dezaseis números entre 1996 e 2004 con publicación regular cadrando co 8 de marzo e o 25 de xullo. Ademais, nos anos 1998, 2001 e 2002 editou un terceiro número para o 25 de novembro. O deseño da cabeceira destaca a independencia co xogo de palabras do título: de-liberada-mente. A extensión e estrutura son moi variables. Combina artigos con notas breves e nos n.º 5 a 9 aparece a sección “Lendo o jornal”, onde se ofrece unha revista de prensa desde a perspectiva feminista. Informa puntualmente da aparición da Agenda Feminista Galega. Coidadosamente deseñada, adoita empregar o monocromo en tinta violeta sobre papel branco, ou o monocromo noutras cores (gris, verde ou azul). O n.º 1 vai a tinta azul sobre rosa, o n.º 5 vai en policromía, e o n.º 13, de marzo de 2003, dedicado ao desastre ecolóxico do Prestige, en tinta negra sobre branco. Vai ilustrada con fotografías e está redactada integramente en galego seguindo a normativa reintegracionista.
Ilustracións:
Fotografías e debuxos
Publicidade:
Non ten
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: 0-15
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat/Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Iago Arias González

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)

Agradecementos
Luísa Ocampo