----

Nós

País:
Inicio:
[1920]
Fin:
[1936]
Dirección artística
Castelao
Dirección literaria
Vicente Risco
Administración
Arturo Noguerol
Editor/a
Ánxel Casal. Anos 1925-1936
Colaboración
Ricardo Carballo Calero
Ánxel Casal
Xavier Prado “Lameiro”
Arturo Noguerol
Vicente Risco
Xefatura de redacción
Xavier Prado “Lameiro”. Anos 1920-1923
Idioma:
galego
Contido:

Esta revista foi unha das iniciativas máis frutíferas da cultura galega. Botaron a andar o proxecto Risco, Castelao, Cabanillas e Losada Diéguez. A cabeceira traballou a prol da dignificación da lingua, da procura dunha estética xenuinamente galega e dos vínculos culturais europeos. No editorial de presentación figuraba que sería un estudio piedoso e devoto, cheo do sinceridade, de todol-os valores galegos: dos nósos valores tradicionás, e mais dos valores novos que cada día estanse creando na nósa Terra. A revista caracterizouse pola súa pluralidade e ofreceu contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.

Épocas

Os primeiros quince números saíron entre 1920 e 1923 no obradoiro de La Región. Por falta de financiamento, os seguintes tres números tiveron que se imprimir na imprenta de Joaquín Poza Cobas. Pechou así a primeira etapa da revista, que entrou nun letargo de dous anos. Ánxel Casal retomou a publicación en 1925 desde a súa editorial Lar e, posteriormente, creou a editora que se chama igual que a publicación. Mantivo a súa periodicidade ata o inicio da Guerra Civil, cando os números 139-144, que se correspondían cos meses de xullo a decembro, tiveron que ser destruídos sen que se chegaran a distribuír.