Preséntanse aquí os 13 números de Andaina. Revista galega de pensamento feminista (1999-2003), que conforman a segunda xeira da segunda época da publicación. Desta volta preséntase cun consello de redacción composto por Ana Arellano, Nanina Santos, Berta Rey, Milagros Becerra, Felicia Estévez, Laura Gómez e Ana Luisa Bouza. Presenta cambios con respecto á xeira anterior na estrutura, no deseño, no formato e no número de páxinas. Mantén o obxectivo de difundir e animar o debate entorno ás posicións, accións, propostas e teorías feministas e LGTBIQ+. Destacan as denuncias de agresións, desigualdade e discriminación, en particular as que atinxen ás mulleres e persoas LGTBIQ+, e recupera a memoria das mulleres e dos feminismos para a historia.
Subtítulo:

Revista galega de pensamento feminista

Entidade editora:
Lugar:
Santiago de Compostela
País:
España
Época:
2ª época. 2ª xeira
Inicio:
1999
Fin:
2003
Comezo-cese:
N.º 23 (xuño 1999) – n.º 35 (xuño 2003)
Periodicidade:
Cuadrimestral
Idioma:
Galego
Formato:
21 cm ancho x 30 cm alto.
Extensión:
Entre 51 e 67 páxinas
Prezo:
n.º 23-24, 500 pesetas; n.º 25-29, 700 pesetas; n.º 30-35, 4,5 euros
Tiraxe:
Entre 250 e 300 exemplares
Lugares de distribución:
Venda en librerías e subscricións
Financiamento:
Fondos propios, publicidade e subscricións
Contido:
Publicación cuadrimestral, ilustrada, editada en Santiago de Compostela. A segunda xeira da segunda época de Andaina fai cambios no formato, número de páxinas e estrutura, mantén a continuidade na numeración e o subtítulo de Revista galega de pensamento feminista. O seu obxectivo é reforzar a revista como punto de encontro das voces e tendencias do feminismo e o movemento LGTBIQ+, dar testemuño dos acontecementos, actos e denuncias de discriminación. Publícase entre 1999 e 2003 cun total de 13 números. Elimina a figura da directora e presenta un consello de redacción formado por Ana Arellano, Nanina Santos, Berta Rey, Milagros Becerra, Felicia Estévez, Laura Gómez e Ana Luisa Bouza. A estrutura da revista mantén as seccións “Denuncias e comentos”, dossier temático, entrevista, crítica cultural (libros, cine, televisión, teatro e música), seccións de notas breves onde se comentan novas, declaracións e citas (“Celebridades”, “O falar non ten cancelas” e “Referencias de aquí e dacolá”). Desaparece a sección “Perfís” e amplíanse os espazos destinados a dar a coñecer organizacións feministas e LGTBIQ+. A contraportada está destinada a recuperar a memoria de mulleres singulares con fotografía e nota biográfica. Nalgúns números incorpora as seccións “Publicacións chegadas ao noso buzón” e “páxin@s de mulleres” na rede de internet. O deseño e maquetación segue a cargo de Cebra (Uqui Permui) e a maioría das imaxes son do arquivo da revista. Todos os números presentan papel estucado a cor na portada e contraportada; emprega o branco e negro nas páxinas interiores.
Ilustracións:
Contén ilustracións de nova creación, de artistas recoñecidas, fotografías de arquivo e algúns artigos engaden gráficos
Publicidade:
Publicidade de locais, organizacións, establecementos como bares, librerías, asesorías turísticas (n.º 33, 34), e institucións: Concellería da Muller/Concello de Santiago de Compostela (n.º 23-35), Concellería da Muller/Concello de Vigo (n.º 27-35)
Relacionadas:
Andaina. [1ª época], 1983 (Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de tres xeiras)
Andaina. [2ª época 1ª xeira], 1991 (Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de tres xeiras)
Referencias bibliográficas:
“Andaina”, Gran Enciclopedia Galega, v. 3, 2004, p. 14.
“Andaina 1983-1998”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 20 (maio 1998), p. 32-33.
BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº 7 (outono 1990), p. 93.
BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.
BLANCO, Carmen: O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.
“Enquisa sobre o interese da existencia da revista Andaina”. Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 14-17.
GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.
“Hemeroteca Andaina”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 10.
“Facer Andaina”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 8 (novembro-decembro 1985), p. 13.
“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 23 - n.º 35
Créditos:

Créditos

Andaina [2ª época 2ª xeira]

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Comisión de igualdade
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Adina Mocanu
Jennifer Rodriguez

Base de datos
Kike Benlloch

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)


Agradecementos
Andaina de Mulleres
Xosé Manuel Buxán Bran
María Jesús Fariña Busto
Maria Dolors Molas Font
Anxos Sumai
Ana Tilve