Subtítulo:
Órgano de la Unión de Fogoneros del Atlántico
1912 (a partir do n.º 19): Órgano de la Federación de los Obreros del Transporte de América
En novembro de 1912 (n.º 1): Periódico Obrero
1913 (a partir do n.º 28): Portavoz de los Obreros Industriales del mundo
1914 (a partir do n.º 76): Periódico obrero, de doctrina y combate
Lema:
Dende 1913 (n.º 28): Educación, organización, emancipación
Data de inicio:
4/11/1911
Data de fin:
7/5/1927
Periodicidade:
Semanal, con irregularidades pasado o tempo
Idioma:
Comezou sendo bilingüe (castelán e inglés). A partir do n.º 1, de novembro de 1912, está escrito en castelán
Prezo:
1911: número solto, 0,05 centavos; semestral, 075; anual, $1,50. 1912: exemplar, 0,05 centavos; semestral, 50 centavos; anual, $ 1,00
Financiamento:
Coas subscricións ou as colectas entre os seus simpatizantes. Na última páxina sempre aparece o listado das persoas que doaron cartos "Pro-Cultura Obrera"
Contido:
Este xornal foi fundado —e dirixido— polo anarquista catalán Pedro Esteve como voceiro da Unión de Fogueiros do Distrito do Atlántico e Golfo, de Nova York, e contaba co apoio manifesto da American Federation of Labor.
Nas súas páxinas sostiña os ideais anarquistas e a loita obreira contra o sistema capitalista e as situacións de abuso que sufrían os traballadores, principalmente os do sector tabaqueiro e os do transporte marítimo e dos portos americanos. No seu primeiro número defende os principios sindicalistas e declara estar a favor das tácticas radicais nas loitas obreiras, como un primeiro paso para a acción revolucionaria. Tiña unha clara función de propaganda e educación da clase obreira na súa loita contra unha sociedade opresora e inxusta.
Entre as noticias da actualidade que aparecen nas súas páxinas, por exemplo o anuncio de folgas ou reunións sindicais, analiza a realidade política e sindical americana pero tamén europea e mesmo española nas seccións "De Allende los Mares", "Desde Europa" ou "A través de las fronteras", segundo os anos ; conta con seccións fixas tales que "Ecos de Tampa", "Ecos de los Trabajadores del Mar", "Crónica Tabacalera", "La Revolución social en México" ou "Movimiento Obrero", entre outras. Ten, ademais, colaboracións e transcricións de discursos e obras de líderes revolucionarios como Ricardo Flores Magón, Piotr Kropotkin, Pi y Margall etc.
Tamén se poden ler artigos de opinión e denuncia de colaboradores habituais como Jaime Vidal (secretario de redacción), Dionisio Freijomil, José Franco, José Filgueira, Xan da Graña, J. Torrente, José V. Mata, Mogoya, Juan Uriarte, Francisco Mosteiro, Antonio Ucha Salorio, Adrián del Valle, Antonio Estévez, Juan Martínez etc. Numerosos textos aparecen asinados coas siglas do nome ou con alcumes; o máis coñecido é Lirio Rojo, que sabemos que era empregado por Pedro Esteve. Era unha maneira de evitar posibles represalias contra os partidarios do xornal e do sindicato.
Nos primeiros tempos contaba cunha páxina en inglés que estaba dedicada ás actividades da American Federation of Labor. En 1912, a partir do número 19, aparece como voceiro da Federación dos Obreiros do Transporte de América, con dúas páxinas en inglés; segundo o editorial, "para el bien de la organización obrera y en pro del internacionalismo. Para propagar nuestros ideales entre los obreros del país, hemos decidido publicar os páginas en inglés en vez de una (...). Es éste además, un medio de familiarizarnos con la lectura del idioma inglés que aquí tanto necesitamos (...)". Non obstante, esta alianza durou pouco tempo e xa en xuño de 1913 o xornal aparece publicado polo grupo Cultura Obrera e todo en español.
Tras a morte do seu fundador, en setembro de 1925, o periódico continúa dirixido por un grupo de partidarios, sen constar o nome do director ou editor. En 1927 a aparición irregular dos números parece explicar problemas de financiamento ou de xestión e en marzo dese ano edítase en Detroit, aínda que só conservamos seis números.
No mes de marzo dese mesmo ano comeza a publicarse en Nova York o xornal Cultura Proletaria, que se considera a súa continuación.
Ilustracións:
Moi escasas, algún retrato ou caricatura
Publicidade:
Non, agás algún anuncio sobre actividades organizadas polos sindicatos ou para conseguir cartos para publicar o xornal
Números consultados:
1911: n.º 1-9
1912: n.º 10-14, 16, 17, 19-21, 27, 29-31, (nova época:) 1-5
1913: n.º 6-11, 20-23, 25, 27, 28, 30-32, 34, 35, 39, 40, 42, 44-48
1914: n.º 55, 56, 61-74, 76-82, 84-86, 88, 90, 91
1915: n.º 92, 94-101, 103-104, 106, 108-111, 113, 114, 124, 125, 130, 131
1916: n.º 169-171, 173-179
1917: n.º 199-203, 207, 217, 220-226
1922: n.º 13-16
1923: n.º 20
1924: n.º 104-116, 118, 119,
1925: n.º 122-133, 135-139, 141, 142, 146-172
1926: n.º 174-189, 191, 195-212, 214, 215, 218-225
1927: n.º 226-238, 241
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1911: n.º 1-9
1912: n.º 10-14, 16, 17, 19-21, 27, 29-31, (nova época:) 1-5
1913: n.º 6-11, 20-23, 25, 27, 28, 30-32, 34, 35, 39, 40, 42, 44-48
1914: n.º 55, 56, 61-74, 76-82, 84-86, 88, 90, 91
1915: n.º 92, 94-101, 103-104, 106, 108-111, 113, 114, 124, 125, 130, 131
1916: n.º 169-171, 173-179
1917: n.º 199-203, 207, 217, 220-226
1922: n.º 13-16
1923: n.º 20
1924: n.º 104-116, 118, 119,
1925: n.º 122-133, 135-139, 141, 142, 146-172
1926: n.º 174-189, 191, 195-212, 214, 215, 218-225
1927: n.º 226-238, 241