A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 13 números de S’homos, publicación editada entre 1991 e 1997 polo Colectivo Homosexual de Compostela (CHC), que a partir de 1992 pasa a se denominar Colectivo Gai de Compostela (CGC). Ten como obxectivo servir de instrumento para a concienciación, difusión, denuncia, crítica, reflexión e debate arredor das discriminacións sufridas por gais, e tamén lesbianas, bisexuais e transexuais. Quere ser unha ferramenta de loita sen esquecer a parte lúdica e celebrativa para a consecución dunha plena liberación sexual. Está aberta á participación, presenta propostas culturais e de lecer, engade notas breves de información xeral e artigos encamiñados a recuperar a memoria do CGC e do movemento gai e lésbico ao longo da historia.
Subtítulo:

Número 1: Voceiro do Colectivo Homosexual de Compostela
Números 2-6: non presentan subtítulo
Número 7-13: Voceiro do Colectivo Gai de Compostela

Entidade editora:
Lugar:
Santiago de Compostela
Inicio:
1991
Fin:
1997
Comezo-cese:
1991-1997
Periodicidade:
Irregular. Todos os anos publica un número co gallo do 28 de xuño.
Idioma:
Galego
Formato:
21 cm ancho x 30 cm alto
Extensión:
Entre 8 e 24 páxinas
Prezo:
Descoñecido
Tiraxe:
Descoñecida
Lugares de distribución:
Local do Colectivo Gai de Compostela, locais de ocio de Santiago de Compostela e subscricións.
Financiamento:
Fondos propios, subscricións e publicidade. O n. 8 conta cunha subvención da Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Contido:
Publicación ilustrada, editada en Santiago de Compostela. A publicación comprende un total de 13 números publicados entre 1991 e 1997 con periodicidade irregular e ao longo de toda a súa traxectoria publica, cando menos, un número co gallo do 28 de xuño. Ten como obxectivo proporcionar un punto de encontro para compartir reflexión e dar testemuño dos acontecementos, actividades e denuncias sobre a discriminación que sofren gais e, tamén, lesbianas, bisexuais ou transexuais no seu camiño para acadar unha plena liberación sexual. Os dous primeiros números aparecen editados polo Colectivo Homosexual de Compostela que, en 1992, pasa a se chamar Colectivo Gai de Compostela. A partir do número tres, esta vai ser a denominación da organización editora que, desde o número 7, se visibiliza no subtítulo: Voceiro do Colectivo Gai de Compostela. A estrutura da revista conta desde o comezo con diferentes seccións: “Novas rosas”; “Tertulias”; “Axenda”, que polo xeral referencia as organizacións da COFLHEE; e “Ambiente cultural”, que co tempo pasará a chamarse “Cultura”. A partir do número 3 incorpora “Editorial”, “Colaboracións” e “Opinións” e do número 9 en diante “Entrevistas”. Impresa maioritariamente en branco e negro, agás as portadas e contraportadas dos números 8, 9, 10 e 11 que van a cor, e as páxinas centrais do número 8 que presenta letras negras sobre un fondo branco e rosa. No tocante aos créditos, a partir do número 10 aparece Dani Rodríguez como encargado do deseño e maquetación e unha Comisión do Voceiro do CGC no consello de redacción. No número 13 esta comisión, que tamén se encarga do deseño, está formada por Xabier Rocamora, Xosé Santos e Carlos Valcárcel.
Ilustracións:
Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con máis ou menos recoñecemento e fotografías de arquivo.
Publicidade:
Publicidade de organizacións como Antisida ou Radio Calimera e establecementos de lecer gayfriendly (bares, cafeterías, pubs, librerías, etc.).
Relacionadas:
Voces de Queempostela. 1996 (Mesma entidade editora); Fluxos. 1998 (Comparten editores);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: n. 2, 3 e de 5 a 12
Fotocopia: n. 4
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Mariám Mariño Costales

Base de datos
Kike Benlloch

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)

Agradecementos
Xosé Manuel Buxán Bran
Rafael M. Mérida Jiménez

n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 1/1991
n. 2 6/1991
n. 3 3/1992
n. 4 6/1992
n. 5 1/1993
n. 6 6/1993
n. 7 6/1994
n. 8 1/1995
n. 9 6/1995
n. 10 4/1996
n. 11 6/1996
n. 12 10/1996
n. 13 12/1997