Subtítulo:
Periódico de Ideas, Doctrina y Combate
1930 (A partir do n.º 164): Portavoz de la Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Castellana en los Estados Unidos
Lema:
No primeiro número: "Las Ideas se combaten con ideas, no con sables"
Cada número ten un lema distinto na súa cabeceira, sempre relacionado coa defensa dos e das traballadoras, o movemento obreiro, a educación ou a xustiza social. En moitas, non sempre, aparece o autor da cita, un recoñecido pensador, filósofo, científico ou político.
Data de inicio:
12/3/1927
Data de fin:
20/11/1953
Periodicidade:
Semanal, con irregularidades pasado o tempo
Extensión:
4 páxinas, aínda que a finais dos 40 e na década dos 50 pode variar entre 2 e 8 páxinas
Prezo:
Gratuíto. O xornal publícase por subscrición voluntaria
Contido:
Este xornal anarquista comezou a publicarse en marzo de 1927, pouco despois do traslado a Detroit da edición do xornal Cultura Obrera, do que se considera que foi continuador. Ambos os dous periódicos se centran na propaganda antisistema e na educación da clase obreira para a súa loita contra a que consideran unha sociedade capitalista opresora.
Xa na portada do seu primeiro número hai un artigo de presentación no que se definen como un grupo de obreiros que, despois "de nuestra ruda tarea diaria en la fábrica, en el taller, en la mina y en el campo, dedicamos nuestras fuerzas y nuestra actividad a luchar contra el enemigo común: Estado, Capitalismo y Religión; a conquistar nuestros derechos de hombres libres y productores conscientes (...)".
Durante o seu primeiro ano, no xornal aparecen numerosos artigos do falecido Pedro Esteve, o líder anarquista catalán, fundador de Cultura Obrera. De feito, a súa cabeceira é herdeira dun xornal do mesmo nome, que aquel publicara en 1910 e 1911, antes da saída deste.
Cultura Proletaria defende os ideais anarquistas e libertarios dos traballadores hispanos residentes nos Estados Unidos, pero tamén aparecen numerosas noticias de denuncia e artigos sobre a situación dos traballadores en América Latina (Porto Rico, Cuba e Arxentina principalmente) e en Europa. Dedica as súas páxinas a difundir e promover a loita polos dereitos da clase obreira.
A partir do ano 1931 informa sobre a política da II República Española e avoga por políticas máis revolucionarias. Durante a Guerra Civil destacan pola defensa do bando republicano español e das forzas de esquerdas e na II Guerra Mundial pola súa loita antifascista.
En 1930 convértese no voceiro oficial da Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Castellana de los Estados Unidos. E nos anos 40 aparecen numerosos artigos cos postulados políticos defendidos na Confederación Nacional de Trabajadores (CNT).
Entre as súas seccións pódese mencionar: «De todas partes», na que aparecen noticias da realidade española e europea; «Sección Feminina», con colaboracións de María Esteve na defensa da muller traballadora; «Páginas escogidas», onde se reproducen textos de obras e artigos libertarios, ou «Un ABC del Anarquismo»; tamén conta con recensións de mitins e conferencias, libros editados, artigos de opinión etc., sempre desde unha óptica anarquista.
Entre os artigos e colaboracións atópanse textos de líderes revolucionarios como Ricardo Flores Magón, Piotr Kropotkin, Emilio Castelar ou Ricardo Mella, entre outros moitos. Hai artigos que son traducidos do inglés e outros reproducidos de xornais europeos e americanos.
Tamén se poden ler artigos de opinión e denuncia de colaboradores xa coñecidos noutros xornais anarquistas como Antonio Estévez, José Ingenieros, Frank Crane, Rafael Barret, Federico Urales, J. A. Pérez, Emilio Gante, Francisco Urbión, Roberto A. Müller, Emilio Carrere, Joaquín Sierra, A. Rodó, Carlos Brandt, Ángel M.ª Dieppa, Emiliano Ramos, J. Sendón, J. Villa ou Marcelino García.
Ilustracións:
Moi poucas, algunhas caricaturas, moitas delas parodiando ou ridiculizando a políticos, ditadores (como Primo de Rivera, Hitler ou Musolini) ou tamén empresarios como Rockefeller.
Números consultados:
1927: n.º 1-43
1928: n.º 44-95
1929: n.º 96-147
1930: n.º 148-198
1931: n.º 199-250
1932: n.º 251-286
1933: n.º 287-316
1934: n.º 317-348
1935: n.º 349-400
1936: n.º 401-452
1937: n.º 453-504
1938: n.º 505-557
1939: n.º 558-609
1940: n.º 610-661
1941: n.º 662-713
1942: n.º 714-765
1943: n.º 766-817
1944: n.º 818-869
1945: n.º 870-921
1946: n.º 922-972
1947: n.º 973-1024
1948: n.º 1025-1076
1949: n.º 1077-1129
1950: n.º 1130-1181
1951: n.º 1182-1233
1952: n.º 1234-1248
1953: n.º 1249-1255
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1927: n.º 1-43
1928: n.º 44-95
1929: n.º 96-147
1930: n.º 148-198
1931: n.º 199-250
1932: n.º 251-286
1933: n.º 287-316
1934: n.º 317-348
1935: n.º 349-400
1936: n.º 401-452
1937: n.º 453-504
1938: n.º 505-557
1939: n.º 558-609
1940: n.º 610-661
1941: n.º 662-713
1942: n.º 714-765
1943: n.º 766-817
1944: n.º 818-869
1945: n.º 870-921
1946: n.º 922-972
1947: n.º 973-1024
1948: n.º 1025-1076
1949: n.º 1077-1129
1950: n.º 1130-1181
1951: n.º 1182-1233
1952: n.º 1234-1248
1953: n.º 1249-1255