A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 2 números localizados de Alborada, publicados no ano 1966 en Vigo por afiliadas ao Partido Comunista de España, como “modesto periódico”. As súas páxinas céntranse en cuestións vinculadas coas mulleres, a súa crecente incorporación na acción política e no mercado laboral. Denuncian, afondando nas súas orixes, a súa situación de desigualdade e marxinación respecto dos homes. Inciden ademais na importancia da toma de conciencia para a consecución de dereitos ou para a erradicación de formas de discriminación e explotación das mulleres, e incorporan breves achegas sobre cultura. No contexto da terceira onda do movemento feminista en Galicia, pódese afirmar que se trata da primeira publicación dirixida a mulleres e realizada por mulleres desde unha ollada marxista e de crítica feminista. Considérase, finalmente, que o feito de que a publicación Alborada. Órgano de la mujer democrática editada na Coruña entre 1970 e 1972, queira facer co seu nome unha homenaxe á Alborada precusora que aquí presentamos .
Entidade editora:
Lugar:
Vigo
Inicio:
[1966]
Fin:
[1966]
Comezo-cese:
1966-1966
Periodicidade:
Descoñecida
Idioma:
Castelán
Formato:
32,20 cm. alto x 21,80 cm. ancho
Extensión:
Entre 7 e 11 páxinas.
Prezo:
3 pesetas
Tiraxe:
Descoñecida
Lugares de distribución:
O n. 1 repartiuse de maneira clandestina. O n. 2 non se chegou a distribuír.
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Publicación de periodicidade irregular sen ilustracións editada en Vigo por afiliadas ao Partido Comunista de España. Sitúanse na liña da loita antifranquista e nunha perspectiva marxista. O seu obxectivo prioritario é estudar e analizar os problemas que se lles presentan ás mulleres no acceso ao traballo, denunciar as discriminacións das que son obxecto, contribuír á toma de conciencia, e á consecución de dereitos, xustiza e liberdade para elas. Localizáronse dous números publicados en 1966; un exemplar sen numerar nin datar pero que, atendendo ao contido recollido no texto de presentación, permite afirmar con seguridade que se trata do primeiro publicado, e un segundo exemplar co número 2 e con data de outubro de1966. Ambos presentan unha gráfica coidada e unha estrela de cinco puntas na cabeceira. Son mecanoscritos impresos en multicopista, a tinta negra sobre papel branco e grampados manualmente.
Observacións:
Depósito dos fondos: Arquivo Histórico do Partido Comunista de España
Ilustracións:
Non contén
Publicidade:
Non contén
Relacionadas:
Alborada. Órgano de la Mujer Democrática. 1969 (Mesma entidade editora); muller e a loita, A. 1971 (Mesma entidade editora);
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat / Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Ricardo Gurriarán

Base de datos
Kike Benlloch

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)

Agradecementos
Arquivo Histórico do Partido Comunista de España
Fundación 10 de marzo
Ricardo Gurriarán

n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 1966
n. 2 10/1966