A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Presentamos aquí os 8 números de Menlacex publicados ao longo de 2001, editados por Fernando Pesqueira Franco e dirixidos por Pablo Irago. Unha revista de temática LGTBIQ+, que persegue espallarse por Galicia e o norte de Portugal. Como corresponde ao seu carácter de guía, inclúe rueiros de cidades galegas con locais recomendados e abundante publicidade que
retén a rede comercial e de lecer manifestamente non homófoba dos territorios nos que se ocupa.
Subtítulo:

Nos nº. 1 e 2, Revista gai-lésbica galega
A partir do n. 3, A guía gai-lésbica galega

Lugar:
Santiago de Compostela
Inicio:
[2001]
Fin:
[2001]
Comezo-cese:
N.º 1 (comezos de 2001) – n.º 8 (decembro 2001)
Periodicidade:
Descoñecida. Os oito números da colección foron publicados durante o ano 2001, o que leva a pensar que a revista pretende ter unha periodicidade mensual aínda que non se publique algúns meses.
Idioma:
galego
Formato:
14 cm, 80 mm ancho x 21 cm alto
Extensión:
32 p.
Prezo:
Descoñecido. O n. 1 é gratuíto; probablemente tamén o resto de números.
Tiraxe:
Descoñecida
Lugares de distribución:
Locais de ocio e loxas de Santiago de Compostela e subscricións
Financiamento:
Fondos propios, subscricións, publicidade e venda
Contido:
Publicación ilustrada a cores, en papel satinado, editada en Santiago de Compostela. Comprende un total de 8 números publicados ao longo do ano 2001 con periodicidade irregular. Nace coa intención de abranguer todo tipo de temas de interese relacionados coa comunidade LGTBIQ+ en Galicia e no norte de Portugal. Os oito números aparecen editados por Fernando Pesqueira Franco e dirixidos por Pablo Irago. Conta coas colaboracións habituais de Fernando González Fortes, Miguel Villagarcía, Carlos Valcarcel, Laura Bugallo, Jesus Moinhos, Xesús Pedreira. A partir do número 4 suma a Chalo Sexmachine e deixa de colaborar Princes. Como corresponde ao seu carácter de guía, visibiliza a rede comercial e de lecer manifestamente non homófoba, por iso inclúe abundante publicidade e rueiros das cidades galegas con locais recomendados. A estrutura da revista conta desde o comezo con diferentes seccións dedicadas á saúde (como “Menxercicios”), marco legal, horóscopo, recensións de música, filmes e libros.
Ilustracións:
Contén imaxes de filmes, libros e música, e mais fotografías de arquivo.
Publicidade:
Publicidade de organizacións como Antisida, Radio Calimera, Asociación de Herbolarios de Galicia e establecementos de lecer de ambiente e gayfriendly (saunas, beleza, librerías, entre outros).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: n. 1 a 8
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Mariana Pérez Neira

Base de datos
Kike Benlloch

Agradecementos
Carlos Valcárcel

n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 2001
n. 2 2001
n. 4 2001
n. 3 2001
n. 5 2001
n. 6 2001
n. 7 2001
n. 8 2001