Lugar:
Barakaldo
País:
España
Data de inicio:
1985
Ano de inicio:
1985
Coordinación:
Andoni Vázquez Tierra;
Deseño gráfico:
Milo Mosteiro;
Ilustración:
Secretaría:
Raul Río Díaz;
Colaboración:
Alberte Sanmartín Montaña; Andoni Vázquez; Ánxel Deive Martínez; Artus D'Abeancos; Avilés de Taramancos; Brandao de Garceiras; Carballo Calero; Carme Blanco; Lamas Carvajal; Luis Monteagudo; Luis Varela; M. P. García Negro; Manuel María; Milo Mosteiro; Mourelas; Raul Río Díaz; Uxío Novoneira; Xosé Andrés López González; Antón Fraguas ; Xosé Luís Méndez Ferrín ;
Periodicidade:
Variable, cunha saída moi irregular, os últimos números teñen unha periodicidade semestral e anual
Idioma:
Galego, agás o número 0, que presenta os artigos traducidos ao galego, castelán e éuscaro
Formato:
1985: 29 x 20,5 cm. 1989: 21 x 16 cm.
Extensión:
Variable, entre 16 e 62 páxinas
Prezo:
N.º 0: 100 ptas.
Financiamento:
No número 0: Comisión de Cultura del Excmo. Ayuntamiento de Barakaldo, Excma. Diputación Foral de Bizkaia e o Gobierno Vasco
Redacción:
Zuberoa, 8-2º . Barakaldo
Sor Natividad, 12, 1º. Santurtzi
Imprenta:
Obradoiro de Artes Gráficas do Excmo. Concello de Barakaldo, Barakaldo. Biscaia.
Contido:
Publicación societaria creada cunha clara finalidade cultural. Inclúe numerosos artigos sobre distintos aspectos da cultura galega: literatura (biografías, recensións de libros, contos, etc.), cultura popular, música, arte, historia e lingua. Complétase con informacións sobre as actividades da entidade editora, novas culturais, páxinas de humor, pasatempos e adiviñas. O número 0 está dedicado case integramente a Rosalía de Castro no centenario da súa morte, contén artigos referidos á poetisa traducidos ao galego, castelán e éuscaro.
Observacións:
O número 0 está publicado catro anos antes que o seguinte número e presenta unha maior calidade na súa presentación. Os outros números aparecen en formato de follas fotocopiadas, aínda que a súa calidade vai mellorando nos seguintes.
Ilustracións:
Nas portadas aparecen fotografías de motivos galegos e retratos de escritores aos que se dedica o Día das Letras Galegas. Inclúe debuxos acompañando os artigos, sobre todo de motivos galegos. Tamén reproducen ilustracións de Castelao, Luís Seoane, Carlos Maside e abundantes viñetas humorísticas.
Publicidade:
Escasa e localizada principalmente nas contraportadas. Anuncios da revista e da asociación cultural, de casas comerciais e publicacións galegas (A Nosa Terra e Revista da Irmandade Céltiga). O número 0 non ten publicidade.
Números consultados:
1985: n.º 0
1989: n.º 1-4
1990: n.º 5-7
1991: n.º 8
1992: n.º 9
1993: n.º 10
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1985: n.º 0