Revista de A Nosa Galiza

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Xenebra
País:
Suíza
Data de inicio:
1988
Ano de inicio:
1988
Idioma:
Galego
Formato:
30 x 21,5 cm.
Extensión:
15 páxinas
Redacción:
Xenebra. Xenebra
Imprenta:
Xenebra. Xenebra.
Contido:
Publicación continuadora de A Nosa Galicia, posteriormente cambia de novo de título, pasando a denominarse: Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza. Trátase dunha revista societaria, con informacións sobre a marcha da entidade editora pero tamén con moitos artigos culturais sobre Galicia, a súa lingua, a súa literatura etc. e con artigos reproducidos, incluso hai un artigo autografado de José Angel Valente. Tamén aparecen artigos sobre a actualidade como un sobre o voto dos emigrantes asinado por Xoán Anllo ou os incendios na nosa comunidade de Xesús Baamonde.
Ilustracións:
Moi poucas, algunha foto do grupo folclórico do centro ou algunha caricatura na portada.
Publicidade:
Moi pouca: algún anuncio de bancos, unha aseguradora ou dunha axencia de viaxes etc. colocados nas dúas páxinas centrais da publicación.
Números consultados:
1988: marzo
1990: maio
1993: maio
Relacionadas:
Nosa Galiza, A. (Outro voceiro da sociedade A Nosa Galiza de Xenebra.)
Semente. 1982 (Outro voceiro da sociedade A Nosa Galiza de Xenebra.)
Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza. 1993 (Outro voceiro da sociedade A Nosa Galiza de Xenebra.)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1988: marzo
1990: maio