Repertorio da prensa da emigración galega

----

Heraldo de Galicia

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano de "Juventud de Galicia"

Lugar:
Lisboa
Inicio:
1959
Dirección
Carlos Baquero Peruch;
Editor/a
Fernando Toucedo ;
Colaboración
A. Erbón; Ana Carsis; Antonio J. Nobre; Carlos Antonio Arcán; Clodomiro Rodríguez Prenta; Félix González del Ribero y Kiffer; Jesús Rey Alvite; José Feijoo Varela; Numo Simoes; Rogelio de la Granja y Bacelar; Valentín Paz-Andrade;
Dirección honoraria
José Feijoo Varela;
Comezo-cese:
1959-
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán. Aparece algún artigo e colaboración literaria en galego e un artigo en portugués
Formato:
41 x 30 cm.
Extensión:
Entre 6 e 8 páxinas
Redacción:
Madalena, 259, 1º. Lisboa
Imprenta:
Tipografia Ideal, S. Francisco (Calçada), 13, 13 A. Lisboa.
Contido:
Publicación editada pola sociedade Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa. Creouse como un órgano de prensa da entidade tras a desaparición de La Voz de Breogán. O desexo da redacción era darlle un contido xornalístico, ademais de ser o voceiro societario. No editorial do número 1 destácase que será un xornal para todos "queremos que sea un noticiero, que tenga colaboradores en donde haya gallegos y que signifique para cada socio de Juventud de Galicia una ventana abierta al mundo de la Eoacidad". Desexan crear relacións con outras entidades galegas no mundo e manter unha canxe coas publicacións que estas editan na diáspora, para así entre todos contribuír á difusión da cultura galega no mundo.
O xornal informa das actividades societarias e das reunións da xunta directiva, o número de socios, notas sociais etc. Nun intento por achegar a cultura e a actualidade galega aos emigrantes galegos en Lisboa, inclúe artigos sobre a cultura galega (literatura medieval ou tradicións), traballos sobre a economía de Galicia, colaboracións literarias (poesías, contos) e reportaxes sobre as actividades da colonia galega en Portugal.
Ten diversas seccións fixas como "Información local", "Galicia en la prensa portuguesa", "Nuestros poetas líricos", "Estante" con críticas literarias, "De aquí, de allí y de all" con noticias breves que acontecen en Galicia, España e Portugal, etc.
Ilustracións:
Escasas, aparecen algunhas fotografías de carácter social, paisaxes galegas e outras que ilustran os artigos.
Publicidade:
Non ten
Relacionadas:
Voz de Breogán, La. 1957 (Continuación);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1959: n.º 1
n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 1/1959