Quien de la Enxebre Xuntanza do Percebe

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lema:
Promocionar la Gastronomía y la Cultura Gallega en Cataluña
Entidade editora:
Lugar:
Barcelona
País:
España
Data de inicio:
1993
Ano de inicio:
1993
Colaboración:
Alfonso Berruezo; Andrés Rifón; Carmen P. Flores; Celestino Lores Rosal; E. Méndez Maceiras; Esther Eiros; Fernando Amarelo de Castro; Fernando Ónega; Francisco Allegue; Francisco García Bobadilla; Francisco López Iglesias; Gonzalo García Cortizas; Jaime Mayos; Jordi Bastart; José A. Pot Posse; José María López Castro; Manuel Fraga Iribarne; Xoán Cabana Díaz;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, cunha escasa utilización do galego
Formato:
30 x 21 cm.
Extensión:
128 páxinas
Redacción:
Barcelona. Barcelona
Imprenta:
Einsa Ediciones Informatizadas S.A., Pontedeume. Eume.
Contido:
Revista editada coa finalidade de "promocionar la cultura y la gastronomía gallega en Catalunya". Informa das actividades da Enxebre Xuntanza do Percebe e da celebración da "noite de Galicia en Barcelona". O seu contido está basicamente relacionado coa gastronomía: restaurantes, menús, receitas etc. Inclúe ademais artigos como biografías ou entrevistas con personalidades, diferentes cuestións da sociedade galega actual, descrición de vilas galegas, turismo e relatos de experiencias persoais dos colaboradores.
Ilustracións:
Fotografías moi numerosas, inclúe retratos de colaboradores e personalidades, paisaxes e motivos galegos e, sobre todo, de actos sociais. Tamén as diferentes receitas de cociña están ilustradas con fotografías. Non hai debuxos, agás na portada, e son escasas as reproducións artísticas.
Publicidade:
Moi numerosa e intercalada entre os artigos. Anuncios institucionais (Xunta de Galicia e Generalitat de Catalunya), de compañías de transportes e axencias de viaxes, de establecementos comerciais e de produtos relacionados coa hostalaría, restaurantes, viños etc.
Números consultados:
1994
1995
1997
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1993
1994
1995
1997
2002
2003
2004
2005
2006