Vento do Leste

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista de Cultura, Arte e Sociedade

Lugar:
Barcelona
País:
España
Inicio:
1993
Dirección
Isabel Paz
Administración
Luis Lamas Álvarez
Redacción
Ernesto Lagarón
Isabel Paz
Luis Lamas
Colaboración
Alfonso Pexegueiro
Camilo Valdeorras
Fernando de la Peña
Fidel Fernán
Ignasi Riera
Iván Reymóndez
Luchy Acuña
Manola Porto
Manuel Mandianes
María Begoña Cebrián
Uxío Bobillo
Xosé Díez
Basilio Losada
Helena González Fernández
Manolo Piñeiro
Xavier Seoane
Xoán Manuel Casado
Xosé Luís Axeitos
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego. A penas se usa o castelán. Tamén recolle algún artigo en catalán
Formato:
30 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 51 e 64 páxinas
Prezo:
N.º 0-1: 400 ptas.; n.º 2: 500 ptas.
Contido:
Revista cultural, que pretende "recolle-las inquedanzas dos galegos a través dos distintos Centros e Sociedades culturais e interrelacionarnos e propiciar un maior coñecemento da nosa cultura, da nosa historia e da nosa sociedade". Contén información sobre a colectividade galega en Cataluña e as súas sociedades, novas sobre Galicia e outras colectividades emigradas. Complétase con artigos sobre cultura galega en xeral: literatura, arte etc.
Ilustracións:
Escasas fotografías e debuxos. Retratos, vistas de paisaxes galegas, reprodución de obras de artistas e debuxos de motivos galegos.
Publicidade:
Abundante e intercalada entre os artigos. Maioritariamente aparecen casas comerciais, sobre todo rexentadas por galegos. Tamén inclúe avisos de bancos, aseguradoras, compañías de transporte, axencias de viaxe e institucionais (Xunta de Galicia, Generalitat, Deputación e Concello de Barcelona).
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1993: n.º 0
1994: n.º 1
1995: n.º 2
1996: n.º 3
2001: n.º 8
2002: n.º 9
2003: n.º 10
2004: n.º 11
2005: n.º 12
2006: n.º 13
2007: n.º 14