Centro Galego de Alicante

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Entidade editora:
Lugar:
Alacante
País:
España
Data de inicio:
1990
Ano de inicio:
1990
Coordinación:
David Pérez Conde ; Odilo Rial Cortizo;
Colaboración:
Cristina Medina; David Pérez Conde; Eduardo Rial; Jesús Raposo; Luis Neira Río; Luis Rial; Luis Rivas; Margarita Sallares; María do Carme Garrido; Matilde Pepín Fernández; Odilo Rial Cortizo; Rita Viqueira; Xavier Carro; Xulio de Abral;
Periodicidade:
Sae con carácter trimestral pero acaba sendo irregular
Idioma:
Castelán, con textos en galego
Formato:
30,5 x 20,5 cm.
Extensión:
30 páxinas. O n.º 1 só ten 22 páxinas.
Financiamento:
Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia.
Redacción:
Alacante. Alacante
Imprenta:
Técnica Gráfica Industrial S. L., República Argentina, 51. Alacante.
Contido:
Prensa societaria que ten como finalidade dar a coñecer as actividades desenvolvidas polo Centro Galego e contribuír ao espallamento da cultura galega, polo que inclúe: entrevistas e biografías de galegos ilustres, lembranzas e opinións persoais, traballos sobre vilas e lugares de Galicia, artigos sobre a emigración, a arte, a lingua, a literatura, etc. Complétase con colaboracións literarias e artigos sobre a rexión levantina: gastronomía, localidades de Alacante etc.
Ilustracións:
Abundantes fotografías, sobre todo de actividades da entidade, sociais e de paisaxes galegas. Hai moi poucos debuxos, só algún de motivos galegos acompañando aos artigos e unha viñeta humorística.
Publicidade:
Abundante e intercalada entre os artigos. Anuncios de inmobiliarias, casas comerciais (algunhas rexentadas por galegos), compañías de transporte, bancos e institucionais (Xunta de Galicia).
Números consultados:
1990: n.º 1-3
1991: n.º 4
Relacionadas:
Galicante. [1ª época], (Publicación vinculadas coa mesma entidade)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1990: n.º 1-3
1991: n.º 4